Foro CREA

as miñas palabras relacionadas coa morte. EUTANASIA

Re: as miñas palabras relacionadas coa morte

by Deleted user -
Number of replies: 0

Si, eu tamén a vin.

Penso que o máis reseñable que ten a película é como se ve un mismo feito dende dentro e dende fóra: un home sofre un accidente cardiovascular brutal e masivo e queda totalemente paralizado, salvo un ollo que pode parpadear. A súa mente intacta, a súa memoria privilexiada tamén. Que ven os demais?: é un minusválido digno de lástima (a escafandra do seu corpo). Que pensa el?: ninguén pode arrebatarlle a liberdade de recrear o seu mundo para poder  sobrevivir ( a mariposa da súa mente). Baseada nun caso real

Está moi ben traída a túa suxerencia porque é a antítese do caso de Sampedro: que pensasn os demais?: que queren que siga vivo: é util, e querido, ten unha familia que pode coidar del. Que pensa el?: que a vida nesas condicións non é digna de ser vivida. Non hai vontade, nin forza nin recursos para recrear o seu mundo. Realmente a mariposa para Sampedro, o que para el significa a súa dignidade como ser humano, o seu último acto de liberdade non é outra cosa que a súa propria morte.