a verdade é que ao acabar de leer o documento a primeira pregunta que me ven á cabeza é: como este home pode ser unha das persoas máis respetadas neste campo. Moitas cousas das que di son iloxicas. Comencemos pois:
o tema da eutanasia certamente como comenza dicindo el, é algo moi complexo, de feito establecer uns limites de cando si aplicala, cando non aplicala sería imposible xa que cada paciente, cada caso, cada enfermidade é un mundo totalmente distinto. A última vez que o presidente do goberno foi a teño unha pregunta para vostede un cidadán ergueu a man e preguntou cun ton serio: ¿Para cando unha lei do aborto, para cando unha lei sobre a eutanasia, creo que xa é hora? Zapatero penso que nese momento debeu de pensar para el mesmo, iso mesmo me pregunto eu, pero como meterse nun tema tan complicado como é a eutanasia?
Un país necesita evolucionar e como consecuencia diso necesita abrirse cara ós seus habitantes, é a población a que vai rixirse por esas leis, á que vai ter máis posibilidades, á que sostenta o país día a día, e por iso aínda que sexan temas complexos é necesario reparar neles.
O autor deste texto Ramón Bayés di que a eutanasia é unha cousa excepcional, é dicir que a verdad é un tema demasiado complexo e que afectalle a moi pouca parte da poboación. Ben, pode que sexa en parte certo, pero : é se ao que lle incumbise e o que se vise nesa situación fose el? Non é doado establecer uns límites, pero os médicos se teñen un pouco de moral non poden permitir que enfermos que son "mortos en vida" sigan así, ata chegar ao límite.
Si a persoa está en perfectas capacidades como para decidir se quere ou non morrer (como no caso de Ramón San Pedro por exemplo) penso que debería de ter totalmente a liberdade de facelo, se es libre para vivir, es libre para morrer. No caso de seren un enfermo cunha enfermidad grave incurabel que lle ocasionaría dor ou mesmamente que fose un vexetal e xa non tivese nada de human máis que unha envoltura física. Nese caso penso que os médicos, sen ter en conta as súas ideoloxías (cousa dificil) só dende un punto de vista profesional deberían de aconsellar á familia que é o mellor, nese caso despois que sexan eles os que deciden.
Pero non pode ser que no século XXI en países que supuestamente están ""tan evolucionados"" sexas penalizado por facer o teu traballo con un pouco de moral.