Foro IMAXINA

ceremonias funebres

Re: ceremonias funebres

by Deleted user -
Number of replies: 5

Xa vos tiña comentado algo sobre as funcións dos ritos funerarios,o loito e os dós.

Primeiro, pasar un dó non é doado, non é unha efermidade, pero é forte, sófrese. Non hai por que tomar ansiolíticos para aguantalo, por certo hoxe faise na meirande parte dos casos, adoita darse algo para durmir mellor ou para estar máis tranquil@. A primeira fase do dó (pásase por varias fases nas que o doente ten que ir reconstruíndose) é dun estupor enorme e con moita dor. Vós nin falades diso, pero a situación económica, ademáis da afectiva, tamén vai ser un factor importante para o que queda. Na casa tradicional galega, a comunidade ten que axudar aos achegados, facéndolles notar que están ahí para as primeiras necesidades, fan de ansiolítico con todo ese traxín dando tempo ao doente a que asimile a perda, ao tempo lle permite chorar e mesmo berrar, están moi próximos, mesmo atosigan, pero para un mundo onde a comunidade é máis importante que para nós, individualistas totais, é unha estratexia útil.

Segundo, estou con Belén que iso de ir de negro chama a atención hoxe. Hoxe substituímos o negro por unhas gafas de sol para tapar as bágaoas e os ollos irritados. A xente entende que esteas mal nos primeiros instantes, pero logo, o noso sistema de vida e de producción, nega o dó a partir do terceiro día, suponse que a túa pena non pode interferir no traballo, nin nas túas relacións. A pena a comes para ti. Noutros contextos, o loito era a expresión constante dunha petición de axuda. Se lle recoñece ao doente un estatus de tal, se lle permite sacar a angustia para fóra, exteriorizalo e iso desde o punto de vista de saúde mental é moi san. Ten, sen dúbida, lados negativos, pero valía tamén coma estratexia, tede en conta demáis que a familia tiña que amosar o respecto polo defunto, estaba en xogo o prestixio da casa que ía a ser necesario para manter o estatus e nivel económico dela na comunidade e garantir así alianzas, por exemplo matrimoniais, con outros membros da parroquía, vila ou cidade.

¡Outros tempos! A cuestión e que iso perdeu sentido, pero non temos moitos substitutos, o dó na intimidade, mellor dito, na soedade é máis duro.

Terceiro, a Igresa capitalizou as honras fúnebres, cando alguén quere prescindir da súa tutela, se atopa con que a sociedade non lle da moitas alternativas de rituaais (agora empezan), e unha perda por morte é demasiado importante, repercute en tantas facetas da vida dos que quedan que se necesita algún ritual de acompañamento.

Re: ceremonias funebres by Deleted user -
Re: ceremonias funebres by Deleted user -
Re: ceremonias funebres by Deleted user -
Re: ceremonias funebres by Deleted user -
Re: ceremonias funebres by Deleted user -