Foro IMAXINA

ceremonias funebres

Re: ceremonias funebres

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Hai un aspecto que xa se comentou, o tempo, por si só, non fai desaparecer a pena, senón unha serie de actividades, de tarefas que ten que realizar a persoa. Niso é no que teñen que colaborar os membros máis próximos da comunidade. Ao longo da historia as persoas pretenden o contrario do que di Margarita, permanecer no recordo. A maxia proposta é unha negación dunha existencia, na miña opinión e na dos expertos en tanto é unha negación da realidade non é precisamente o mellor nin máis favorecedor dunha boa saúde mental.

Cando se fala de rituais, hai que ter en conta que estes teñen funcións cara aos vivos, non para o defunto. En todas as sociedades existen o que se chama ritos de paso que marcan os fitos importantes da vida dunha persona: o nacemento, a madureza sexual, o emparellamento, a morte... Outra cousa é a evolución deses ritos e a consideración emic que se fai deles, que polo que se vé polas vosas afirmacións, dista bastante da interpretación etic.