Eu non o vexo, unha cousa tan complexa, senon moito máis sinxela. Cada quen ten a súa maneira de pensar e pode facer co seu corpo o que lle dea a gana, pero se eu morrese mañá por exemplo non me gustaría que se fixese ningun tipo de ritual ni de ceremonia por min, de feito nin se quera me gustaría que se puxese unha esquela no xornal. Cando unha persoa morre se va a onde veu Á NADA, nós vimos dunha nada e nos imos a outra nada. Cando morres xa non sintes, xa non sabes que está a pasar , xa non es consciente, porque a túa vida rematou. E se é así, por qué eu vou facer gastar diñeiro á miña familia, a esas persoas que seguen vivas e que en realidade son eles os que estan a vivir a miña morte non eu, nuns rituais, nunha caixa, nunha esquela do xornal, das que eu non me vou decatar, todo só por min, que xa non estou. Penso que a xente que de verdade teña que enterarse da miña morte e á que de verdade lle vai afectar, por desgracia iso é inevitable, xa o vai saber no mesmo intre de que aconteza, e ao resto pois a verdade lle ten sen coidado, polo que poñer una esquela sería parvada. Despois meterme nun caixon baixo terra no cal me van comer os bichos outro tanto. E posto que incinerar a unha persoa é moito mais caro aínda pois o mellor que se pode facer é doar o teu corpo á ciencia, que eles faran bo uso del, e se non o fan tampouco pasa nada porque ti xa non te vas decatar, e non supuxo ningún tipo de malgasto económico.
Para min se se puidese facer maxia, o único que pediría antes de morrer é que a todas esas persoas que me queren e que eu quero, que van seguir vivas e son os que van sufrir a miña ausencia, se lles borrase como por arte de maxia que eu existi, o meu recordo, todo o relacionado conmigo, e que a sua vida continuase como se nada pasara. E ao cabo duns anos cando esas cousas superanse ou parecen estar superadas se queren que lembren cousas boas, y as garden con agarimo, pero nunca con sufrimento nin dor.