Foro IMAXINA

Experiencia con la muerte

Re: Experiencia con la muerte

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

A ver rapaces. está claro que a finalidade desta actividade é xusto o que estamos a facer, primeiro facilitar un espazo para verbalizar, se é o noso desexo, todas as inquedanzas e reflexións que este tema nos produce. É un tema duro, pero non debe ser un tema tabú. En segundo lugar para suministrar información que consideramos relevante en torno a determinados aspectos dos que hai unha ampla bibliografía que pode facernos reflexionar cun pouco máis de información e fundamento. Tamén hai algo que quero deixar claro: é certo que hai enfermidades, e accidentes, e mala sorte pero o certo é que a maioría das persoas vivimos vidas bastante saúdables, temos un sistema sanitario eficiente e a vosa idade tendes un alto, altísimo porcentaxe de probabilidades de ter unha chea de anos por vivir, e o mesmo as vosas familias.