Os expertos están de acordo en que os pais xamais superan a perda dun fillo, especialmente se est@ é unha persoa moi nova. Resígnanse, acaban por aceptalo, e poden ter vidas equilibradas e funcionais, por suposto, pero non o superan totalmente. Parece que o noso disco duro non está "formateado" para esa circunstancia.