Aínda que non é, nin moito menos, esencial nin obligatorio, ocurre que como esperamos que participedes bastante no foro, é moito máis agradable para os usuarios do mesmo, que somos todos os integrantes desta actividade, se personalizamos un pouco o noso perfil: esas caras amarelas con gafas de sol e sorriso permanante e idéntico son un pouco aburridas e irritantes. Non tedes que subir unha foto se non queredes, pode ser calquera cousa. Todo será benvido (menos as caras amarelas).