Foro IMAXINA

animádevos a compartir o que sentides

animádevos a compartir o que sentides

by Deleted user -
Number of replies: 0

Supoño que non é fácil ser a primeiro ou primeira en expor ese tipo de sentimentos especiais.

Entón, se vos parece, para facilitar as cousas contade un pouco (podedes facelo engadindo un tema novo no foro ou simplemente respondendo a este), cal é a vosa experiencia en torno a morte. Xa tedes vivido algunha circunstancia en que a morte vos afectara de cerca? Estivéchedes vós mesmos en situacións graves? Coñecedes a xente moza coma vós que morreu ou está seriamente enferma, ou está pasando por un periodo de duelo?

Empezemos pois contando as nosas circunstancias en relación a isto. Ou non queredes comezar deste modo?