Foro IMAXINA

A miña experiencia coa morte

A miña experiencia coa morte

by Deleted user -
Number of replies: 2

No caso persoal, risco de morrer tiven nunha ocasión. Eu nacín cun bulto no peito, que cada vez que pasaba o tempo ía crecendo, o colleron a tempo e leváronme ao hospital, recordo ese día coma se houbese sido onte.

Cheguei polá mañá, fixéronme unhas probas e meteron no quirófano. Según a miña nai contoume, que en metade da operación fixen unha parada cardiorespiratoria, pero os médicos conseguiron reanimarme. Cando espertei estaba toda a miña familia arredor da miña cama do hospital.

E xa no caso de persoas coñecidad, vou contar dúas historias

o primero foi o meu avó paterno, morreu cando soamente eu tina aproximadamente 6 ou 7 anos.

Contáronme que se espertou pola mañá e púxose a afeitarse, el era moi alegre e canturreaba todo o tempo, nun intre, a miña avoa deuse de conta que non cantaba e cando foi a cuarto de baño estaba morto.

Outra experiencia foi hai uns anos, no meu antigo colexio, foi o caso dunha compañeira de clase que tiña unha enfermidade que non me lembro o nome agora.

Recordo que esa nena tivo que operarse moitas veces e estivo de baixa moito tempo, houbo unha época na que comezou a mellorar e parecía que se ía recuperando.

Un día baixando polas escaleiras, a pernas durmironselle e tivemos que suxeitala durante moito tempo, porque non era capaz de movelas.

Ese foi o último día que a vin, a operaron varias veces máis e as súas forzas non resistiron e morreu.

Eu entereime pola prensa nunha finde semana. Deume moita pena, xa que era unha nena moi riquiña e moi bueniña con todo o mundo.

Esta é a miña experiencia relacionada coa morte.

Re: A miña experiencia coa morte by Deleted user -
Re: A miña experiencia coa morte by Deleted user -