O día dos defuntos
Este será o "wiki" dos membros do grupo de lingua galega polo que debemos postea as nosas dúbidas e ideas neste lugar.Acordádevos de que non podemos borrar o comentario anterior!!
É ben sabido que na nosa cultura tradicional abondan as historias sobre defuntos que reviven, aparécense ou interactúan dos máis variados xeitos cos vivos. De tan fecunda terra nutríronse un bo feixe de escritores e de creadores do noso país, dándolle á cultura galega unha longa cantidade de títulos nos que os mortos, dun ou doutro xeito, teñen o seu papel. É a nosa cultura de ultratumba.(pedro y pablo)
Na nosa cultura tradicional hai un acordo xeral en que os nosos falecidos continúan canda a nós, cando menos un tempiño despois do enterro.(p y P)
títulos destacados da nosa literatura galega:
-Un ollo de vidrio
-Momias en ourense
-Outros mortos do campo santo
-Sobre a morte de Bieito
día dos defuntos:
a xente limpa as lápidas e arranxa o panteón. Dan Ofrendas para que os que morreron saiban que nos lembramos deles. E para os que viven saiban que tratamos ben os nosos mortos.
É a data dos que xa non están, a comunidade do pasado que sigue onda nós.
Visita dos defuntos
Os defuntos visitan a casa dos vivos durante a noite. Entran nas casas pola chimenea.
Os vivos déixan o lume aceso na lareira toda a noite. para que as ánimas non teñan frío. Tampouco se varre a cociña, xa que iso podería afastar os visitantes igual que se afasta o po. Hai que ter coidado á hora de pechar a cancela pois se se pecha de golpe pode mancarse unha ánima que estea a entrar na casa.
O samain
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
![]()
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
se cos seus antepasados mortos. PP))Aparicións
As aparicións son aínda máis comúns nesta data que durante o resto do ano.
Ánimas co mesmo aspecto que tiveron en vida pero deixan ver o esquelete ou son ocas tamén aparecen coma pombas, coma lagartos, ou outros animais .
A Compaña
Na compaña sempre vai un vivo para portar a cruz, e ás veces, máis para levar os obxectos sagrados. Disque sae do campposanto á media noite.
De atopala, cómpre afastarse do seu camiño. Ou facer un círculo no chan, coa estrela de Salomón ou unha cruz dentro. Ou levar enriba escapularios. Ou pechar forte os puños, ou coller algo, para non poder coller a cruz. En último caso, pode un tirarse no chan cara abaixo, co perigo de que a compaña pase por riba e o manque.
Os mortos na comunidade
veñen desde o alén para pedirnos misas polas faltas que cometeron en vida. Como xustificación para facer as cousas dun determinado xeito. (Blanca e Ire)
ENLACE INTERESANTE:http://gl.wikipedia.org/wiki/A_morte_na_cultura_popular_galega
TRADICIÓNS DO DÍA DOS DEFUNTOS
Esta perfección exixe toda unha preparación previa que supón en mercar roupa nova para a obrigada visita ao cemiterio . Adornase con candeas, lámpadas e todo tipo de imaxinaría relixiosa os lugares de descanso dos seres queridos e amosar, que a familia honre ós seus mortos e amose ante a veciñanza que hai cartiños para manter decente esa última morada.
Restauracións
A tradición exixe que sexan as mulleres da familia os que se encarguen de acondicionar as lápidas e os nichos dos familiares falecidos, tamén as institucións toman medidas para que os camposantos fiquen axeitados estes días. (blanca e ire)
Preparación do moribundo
Para axudar a ben morrer ó moribundo colócanlle cousas santas, sobre el ou ó seu carón: crucifixos, estampas, escapularios, cirios encendidos (con especial preferencia os que foron bendecidos o Xoves Santo ou o día das Candeas 11?) 12? e roupas relixiosas. Resulta habitual recorrer a cubrilo cun hábito de San Francisco, se quen morre é home, ou un manto da Virxe, se é muller. O crego lévalle o viático (etimoloxicamente, as provisións que se lle dan a alguén para a súa viaxe) e dálle a Extrema Unción 13?.
En Moraña (Pontevedra) crese que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer
O día de defuntos
O día de defuntos, 2 de novembro, dá nome ó propio mes: mes morto ou mes dos mortos e constitúe unha data moi significativa dentro do calendario litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondiciona-la lousa ou o nicho, levan flores e rezan ó seu pé. Na lareira da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos.
En Cambados, crese que o día de defuntos non se debe ir ó mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede
Entre os animais que agoiran unha desgraza, os anuncios de morte máis recoñecidos son 4?:
- Ver un corvo no camiño ou nas proximidades da casa, por ser negro, por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta" 5?.
- O canto do moucho, da curuxa ou doutras aves rapaces nocturnas. O canto lúgubre destas aves remeda os xemidos e o pranto. O moucho agoira unha morte próxima cando vén cantar enriba da casa dalguén ou nas árbores próximas6?.
- A galiña que canta coma o galo. Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que tal feito, propio da vellez, agoira a morte. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa 7?. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: Morte por morte, en ti cai a sorte 8?.
- O ouveo dos cans ou do raposo, porque lembran os prolongados choros da familia durante o velorio e no enterro. Se se escoita ouvear un raposo de noite sábese que está próxima a morte dalgún veciño. Outras informacións matizan máis: ver un raposo en xexún é sinal de bo agoiro, pero se é unha raposa é sinal dunha desgraza próxima.
- Cando aínda estaba quente a derradeira badalada das doce horas no campanario da eirexa, ouvearon os cans ventando a morte (CASTELAO: Un ollo de vidro, 55).
- A presenza de bolboretas nocturnas, brancas (algunhas fontes din que as negras), voando ó redor dunha persoa ou da luz da casa. Moitos cren que as tales bolboretas son as propias ánimas.
En Arcos de Furcos (Cuntis, Pontevedra), crese que cando morre un cura nacido na parroquia, doce veciños máis morrerán antes de cumprir un ano [
Para poder saber como nomear esta festa, deberiamos coñecer un pouquiño sobre as súas orixes.
O SAMHAIN
Comezamos polo máis antigo, o orixinal, o samhain
Samhain é unha palabra orixinada no idioma gaeleico-irlandes, e significa "fin do verán", ainda que no gaélico actual adquiriu o significado do "mes de novembro".
A noite do Samhain (Oíche Shamhna) marca unha das celebración máis importantes do calendario celta dende hai 3000 anos. Hoxe en día cae sempre na noite do 31 de octubre. É a noite dos mortos, das bruxas e das fogueiras, mais é tamén o fin do verán, cando se garda o gando, o gran e a herba para o inverno e os druidas deciden que animais van ir para a matanza.
Nesta noite, a xanela que separa o mundo dos vivos do dos mortos desaparece e as ánimas regresan a visitar aos vivos. De aí vén a tradición irlandesa de deixar comida fóra da casa na noite do Samhain e de facer fogueiras e figuras demoníacas con ósos e cabazas para afastar aos malos espíritus .
É a noite na que os mortos pasean entre os vivos, a noite ideal para facer contacto con eles e preguntarlles sobre o noso futuro.
O HALLOWEEN
halloween, significa a Véspera de Todos os Santos
O DÍA DOS SANTOS
Os romanos identificaron o Samhain celebrado na Europa Atlántica coa sua propia festa dos mortos, a lemuria, ainda que ésta caía por maio.
Existen teorías que din que a igrexa quixo así cristianizar a festa pagá do Samhain, facendo coincidir o Día dos Santos ca Noite dos Defuntos
O MAGOSTO
Esta festa era, segundo esta teoria, a consecuencia da evolución natural do Samhain celta nas terras da gallecia(non só na Galicia actual).
Polo tanto, o dia 1 de Novembro do novo calendario gregoriano correspondería ao 25 de outubro do vello calendario xuliano, e aí trasladouse o Día de Todos os Santos.
Hoxe o Magosto perdeu case todas as súas connotacións relixioso-esotéricas e quedou como festa gastronómica de castañas, chourizo, viño e queimada
A Compaña
Hai que ter coidado con elas. Na compaña sempre vai un vivo para portar a cruz, e ás veces, máis para levar os obxectos sagrados. Disque sae do camposanto ó atardecerl, ou á media noite.
De atopala, cómpre afastarse do seu camiño. Ou facer un círculo no chan, coa estrela de Salomón ou unha cruz dentro. Ou levar enriba escapularios, obxectos sagrados, allos ou castañas de indias. Ou pechar forte os puños, ou coller algo, para non poder coller a cruz. En último caso, pode un tirarse no chan cara abaixo, co perigo de que a compaña pase por riba e o manque.(p y p)