O DÍA DE DEFUNTOS
É ben sabido que na nosa cultura tradicional abondan as historias sobre defuntos que reviven, aparécense ou interactúan dos máis variados xeitos cos vivos. De tan fecunda terra nutríronse un bo feixe de escritores e de creadores do noso país, dándolle á cultura galega unha longa cantidade de títulos nos que os mortos, dun ou doutro xeito, teñen o seu papel. É a nosa cultura de ultratumba. Entre as obras máis destacadas podemos atopar:
-Un ollo de vidro: Castelao amósanos nesta novela por extenso o mundo de ultratumba nun camposanto galego, a entroncar fondamente coa tradición popular. A historia emprega o comportamento dos mortos coma un reflexo do dos vivos, e aproveita para facer unha fonda crítica social.
-Do estraño caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros:
De Vicente Risco. O relato amosa todo un mundo subterráneo de ultratumba, con celebración de Danza Macabra incluída e mesmo momias do máis ortodoxo, como a de Tothankhamon, aparecen a tentar recuperar a súa mobilidade.
-O purgatorio de D.Ramiro (Otero Pedrayo)
ten como protagonista un esqueleto que ten a peculiaridade de que, durante o día, recupera o seu feitío humano e ao caer á noite volta ao aspecto óseo durante seis horas.
-Sobre a morte de Bieito. (Rafael Dieste)
Déixanos coa dúbida sobre se este tal Bieito se reanimara ou non no seu propio cadaleito.
Vivenza do día dos defuntos na cultura galega:
O día de defuntos, 2 de novembro, dá nome ó propio mes: mes morto ou mes dos mortos e constitúe unha data moi significativa dentro do calendario litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondiciona-la lousa ou o nicho, levan flores e rezan ó seu pé. a xente limpa as lápidas e arranxa o panteón. Dan Ofrendas para que os que morreron saiban que nos lembramos deles. E para os que viven saiban que tratamos ben os nosos mortos. Os defuntos visitan a casa dos vivos durante a noite. Entran nas casas pola cheminea.Os vivos deixan o lume aceso na lareira toda a noite. para que as ánimas non teñan frío. Tampouco se varre a cociña, xa que iso podería afastar os visitantes igual que se afasta o po. Hai que ter coidado á hora de pechar a cancela pois se se pecha de golpe pode mancarse unha ánima que estea a entrar na casa.
Para que os nosos mortos “morran ben”, pase a mellor vida, debemos ter en conta uns ritos de preparación no que destaca:
Preparacion do moribundo
Para axudar a ben morrer ó moribundo colócanlle cousas santas, sobre el ou ó seu carón: crucifixos, estampas, escapularios, cirios encendidos (con especial preferencia os que foron bendecidos o Xoves Santo ou o día das Candeas e roupas relixiosas. Resulta habitual recorrer a cubrilo cun hábito de San Francisco, se quen morre é home, ou un manto da Virxe, se é muller. O crego lévalle o viático (etimoloxicamente, as provisións que se lle dan a alguén para a súa viaxe) e dálle a Extrema Unción.
En Pontevedra crese que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer. Por iso, o imaxinario popular non dubida de que as ánimas dos mortos ós que aínda lles quedou algo pendente por facer ou algunha pena que expiar seguen presentes entre os vivos. Entre outras actuacións xa se mencionou que viñan para advertir da morte dun conveciño, pero fan máis. Hainas que buscan axuda para restaurar algún dano que causaran en vida, ou para insistir ante os seus familiares que cumpran as mandas que deixaron ó morreren.
Tamén é sabido que quen non foi a Santo André de Teixido de vivo terá que ir de morto, e iso explica que existan ánimas peregrinando ó mosteiro do santo, como tales ánimas ou reencarnadas en animais.
O día dos defuntos, relaciónase moito son outras festividades