Boas tardes a tod@s,
o primeiro pedirvos desculpas por non poñer antes a andar esta tan necesaria Recollida Selectiva, pero as "cousas de palacio van despacio" e temos que ir solventando pequenos problemas cos protocolos covid.
A idea é que, por fin en decembro podamos poñer dous contedores, un de envases e outro de papel, en cada planta do instituto e así COMEZAR COA RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
De maneira , que cada 15 días poidamos vaciar estes e facer unha estatística do reciclado por planta. (Este plazo irase modificando segundo, esperemos, vaia aumentando a separación de residuos). Para realizar esta recollida, faremos grupos de voluntarios que estou a consensuar co equipo covid do centro, porque como todo, debe cumplir cos protocolos.
Como todo o que se inicia, para que teña efecto debe ir ligado a unha boa Campaña Comunicativa ou de divulgación, para o cal pido toda a colaboración de todos, diseñando vídeos , audios, cartéis ou presentacións que podamos enviar polos foros da aula virtual, ou que colgemos en RRSS ou na web do Instituto. ( https://centros.edu.xunta.gal/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/assign/view.php?id=54876)
Sen máis, para calquera dúbida no foro de discusión, se despide,
Manuel Fariña