É interesante o que se propón máis, por moito que descontextualizemos o arte segue sendo arte, explícome, se puxeran a gioconda ninguén pararía tampouco a contemplala (non van crer que sexa a de verdade), o que non quero decir e que se en vez dun gran violinista ou unha gran obra de arte houbese un músico desconocido ou un pintor pintando un cadro como normalmente hai en lugares de tránsito o que fagan eles non sexa arte, porque faga quen o faga se transmite algo para min é arte.
Tamén quero decir que estes periódicos buscan artigos nos que vai chocar a noticia, saben de sobra, que se poñen a un gran violinista pola mañá a hora de ir traballar a xente vai con presas e que por indeferencia ou ignorancia non se fixan na peza musical tocada nin no intérprete, máis xente que vai tranquila mente as 8 da mañá (que xa é raro, precisamente a esas horas fan a investigación) seguramente se fixe no violinista, e poño un exemplo cercano, este luns fun pola tarde a Sanxenso e estaban na praza de diante do Ayuntamiento unha orquesta de mozos e mozas de todas as idades tocando diversas pezas e o público era moitísimo, cadeiras na rúa, a xente que pasaba quedaba a escoitar. Con isto quero decir que o publicado neste artigo o único que queren e facer "show" por así decilo, a xente por non facerlle caso a unha gran obra de arte as 8 da mañá non vai ser nin máis nin menos sensible nin culta nin a obra de arte deixa de ser máis o menos boa.