Oco na rocha deixado por unha das estatuas.
A miña elección é os Budas de Bāmiyān, unhas estatuas xigantes verdadeiramente impresionantes de hai 1500 anos. A súa dificultade técnica é indiscutible e as fotos que vin transmitíanme solemnidade, serenidade, pese ao paso do tempo. Pero sobre todo quéroas poñer por que foron destruídas en 2001 e agora comezan a reconstruirse, e por iso as considero un símbolo da forza da arte, que moveu moitos millóns de euros e moitas persoas interesadas en recuperalas ante a súa destrución. Para min ese é o verdadeiro valor destacable.

Oco na rocha deixado por unha das estatuas.
Oco na rocha deixado por unha das estatuas.