Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Quero ocupar a miña casilla cunha técnica de debuxo coñecida por serigrafía que foi utilizada de forma artística por vez primeira por Guy Maccoy en 1932. É un método de impresión e estampación que consiste en aplicar tinta ou pintura sobre unha superficie a través dunha malla de seda (antigamente) ou nylon; estes so deixan pasar a tinta nalgunhas partes, que son as que formarán a imaxe desexada. Pode usarse esa mesma plantilla unha e outra vez de modo que a partir da mesma imaxe poden obterse tantas reproduccións como se queira. (Vídeo sobre a técnica moderna, en portugués)

Gustaríame por unha das obras serigráficas de Andy Warhol xa que penso que é un dos máximos representantes desta técnica.

Os meus motivos son:

-Paréceme interesante por algunha obra deste tipo porque penso que require certo dominio da técnica.

-É  unha liberación completa xa que, na técnica actual, so se require da fotografía e unha plantilla precisa e logo pódense variar as distintas cores da forma que se desexe e, penso, que a cor expresa ás veces moito máis que unha estructura. (Na antigüidade empregábanse unhas calcomanias aplicadas a artigos de emprego diario).

-Personalmente, resúltame moi orixinal e brillante. Moitas veces, ao facer unha foto, dan ganas de experimentar e comprobar se esa mesma realidade significaría ou expresaría o mesmo se todas as cores captadas fosen cambiadas por outras calesqueira.

Algunhas imaxes:

- Sailboats at Dock, Guy Maccoy:

http://www.treadwaygallery.com/ONLINECATALOGS/MARCH2005/paintimages/0735.jpg

-Ethel Scull (36 veces), Andy Warhol:

http://www.laboiteasorties.com/wp-content/uploads/2009/03/edith-scull1.jpg

-Skulls, Andy Warhol:

http://www.arcadja.com/artmagazine/en/wp-content/gallery/081023-top-lot-23-ott/0-andy-warhol-skulls.jpg

-Triple Elvis, Andy Warhol:

http://en.wahooart.com/A55A04/w.nsf/OPRA/BRUE