Na miña casilla gustariame tratar o tema das pinturas rupestres. Poida que non chame especialmente a atención pola súa beleza, xa que, na meirande parte dos casos, trátase de debuxos verdadeiramente sinxelos. Porén, esto no impide que cada unha destas pinturas nos aporte información valiosísima sobre a vida dos nosos máis antigos antepasados.
Aínda que non tiña de todo claro a miña escolla, decidín decantarme definitivamente por estas pinturas xa que penso que son o reflexo perfecto do concepto de arte que estivemos a tratar este días: constituían unha forma de expresión e ao mesmo tempo están cargadas de conotacións máxico-relixiosas para propiciar a caza, e incluso nos achegan bastante información sobre como se puido desenrolar a vida destes seres humanos prehistóricos. Así, grazas ao estudo das que podiamos considerar que primeiras manifestacións artísticas levadas a cabo polo home,hoxe resulta moito máis doado o coñecemento dos primeiros constituíntes da nosa cadea evolutiva.