Aínda non sei moi ben que foto por na miña casilla, pero teño claro que vai ser unha escultura de area, parecenme increibles e que deben ser mencionadas. Algunhas son verdadeiramente unha pasada e non creo que todo o mundo sexa capaz de facelas. Penso que é un traballo laborioso e que probablemente para que lles salga ben levan anos intentando conseguilo, está claro que tes que ser un verdadeiro artista para plasmar cousas da vida real na area, é increible como capta cada característica e a plasma na area, porque non é o mesmo pintar no teu estudio, na tua casa ou mesmo na rua, que estar horas e horas nunha praia para facer unha escultura que seguramente ó día seguinte xa non está. Está claro que para estes artistas merece a pena o traballo e a inspiración, aínda que non teña repercusións económicas nin sociais, xa que a súa obra non quedará para a posteridade, é máis, nin sequera sabese o nome do artista moitas veces.
Aquí poño uns exemplos de arte con area e unhas ligazóns:


http://www.dogguie.com/impresionantes-esculturas-de-area/http://www.palpueblus.com/ciudad/modules.php?name=News&file=article&sid=297