Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
A miña proposta para a casilla do xogo é o seguinte vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=yMRYESBdLFY

A miña xustificación para poñelo é a seguinte:

- Expresa moita emoción, sentimentos e está moi ben estructurado. É un vídeo que utiliza moitas técnicas inxeniosas para chegar ás persoas, ademais foi un vídeo moi novedoso no seu tempo, xa que está moi retocado por ordenador e utiliza moitas escenas aparentemente sen sentido.

- No vídeo pódese apreciar unha realidad un tanto distorsionada, pero que no deixa de ser "real", explicando un pouco que quero dicir: transmite a realidade dunha forma estilística distinta a que estamos acostumados pero de todas maneiras podemos percibila, ao meu parecer.

- As imaxes que teñen o vídeo lévanme a pensar no arte conceptual, xa que a idea que queren dar algunhas imaxes do vídeo son case o máis importante que a propia canción. Aínda que quizais o vídeo sen a canción non fora tan "artítisco", xa que é a letra a que nun principio leva a dar sentido ás imaxes. É un pouco contradictorio o que digo, pero non sabería explicalo moito mellor.

- Esaxerando un pouco, unha imaxe do vídeo levoume a acordarme do "actionism", ese movemento do que falamos por enriba en clase, no que se decía que ía en contra dos valores humanos. Me remito ao minuto 3:15 do vídeo, no que un home sae con algo parecido ao sangue na súa cabeza, "sangue" que despois lanza desde un cubo (segundos despois ao minuto citado).

- No que máis me basei para poñer este vídeo foi no "arte como símbolo", xa que me parece que as imaxes que puiden ver nel son un reflexo dos sentimentos dos humanos.

- E para rematar, como apunte persoal, dicir que é un vídeo que ao meu parecer se axusta perfectamente a unha beleza abstracta que a moita xente lle gusta e que está perfectamente lograda, ademais que a escala de grises coa que está feita o vídeo lle dan un tono apagado que leva máis á reflexión. Tamén, dicir que para min e moita xente, este vídeo pode absorber todos os sentimentos de tristeza, pena ou rabia que tes, podes verte reflictido e utilizado como válvula de escape, como catarsis quizais. Penso que a música acompañada dun vídeo musical ben feito pode axudarte a "purificarte", xa que se este é realista, sería como ver un corto cinematográfico acompañado dunha boa banda sonora.

Non sei se me fun moito polas ramas, intentei poñer todos os conceptos e exemplos que puiden despois de coller apuntes na clase e de ler o foro.