Entrando no tocante á música,e despois de ter escoitado todas as audicións propostas,creo que presentarei o seguinte tema:
Agalloch.Not unlike the waves
"Not unlike the waves
Artista:Agalloch
Album:Ashes against the grain(2006)"
As razón son as seguintes:
>É un tema actual,e considero necesario "traer" o prestixio á música dos nósos días.Se ben o arte plástico moderno como o presentado no MOMA presenta grande aceptación,no mundo da música existe un grande baleiro no que se tende a considerar as composicións actuais como "pobres",e creo necesario botar abaixo ese prexuízo.
>O desplegue instrumental é realmente digno de admiración.Existen instrumentos que entran,outros que saen.Melodías entrelazadas.Toda a composición soa cunha única forza,perfectamente acompasada.Puramente conceptual.
>Máis aló do expresivo,e do que poida significar para cada quén,a canción en sí pinta unha paisaxe,algo perfectamente intencionado polo grupo.Para isto,aparte das metáforas empregadas durante toda a letra,a forma na que algúns instrumentos soan pode recordar a certos elementos da natureza,como a neve ou a néboa.
En definitiva,propoño unha composición musical en particular porque se achega máis hacia outra arte como é a pintura.Non é unha canción que simplemente "deba escoitarse cara adiante",senón que invita á reflexión e,aparte dos fortes sentimentos que poida facer surxir,expresa unha idea.É dicir:ensina algo.
Realmente,o óptimo sería presentar o álbum enteiro,xa que é un conxunto creativo,e non unha serie de cancións.Pero sería demasiado longo(59 minutos),así que preferín propoñer o tema máis representativo,a modo de "detalle",coma se dun cadro se tratase.