Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

Re: A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Respondendo á túa primeira pregunta, Irea:

Dende un punto de vista biolóxico, tomando ser humano coma un animal coma outro calquera a arte non é necesaria para a vida. Tódolos seres vivos, coma o seu propio nome indica, viven e, salvo o Homo sapiens, non fan manifestacións artísticas.
Sen embargo a arte é unha das características que separan á nosa especie do resto e penso que se non existise perderiamos algo de humanidade, un importante punto diferenciador, e o concepto de humanidade mesmo veríase alterado.