Pareceme un tema moi interesante, porque como dixo a profesora é un dos poucos nos que non nos plantexan si isto é arte ou non e arte.
Eu penso que a arte é necesaria para certas persoas, non para todas, unha persoa que vive na rúa, non ten casa, nin familia, apenas ten diñeiro para comer... Impórtalle a arte?
Do contrario nos nosos fogares como xa comentamos na clase todos temos obras de arte, cadros, libros, esculturas... No caso dos artistas a arte como xa dixo Óscar serve para expresarse, para liberarse da sociedade, o feito de escribir, debuxar, pintar ou tocar un instrumento serve como relaxación e evasión do mundo que os rodea.
Respecto ás grandes cantidades de diñeiro que custa unha obra de arte, eu penso que só as persoas con moitos cartos pódense permitir gastar o diñeiro nisto, xa que a unha persoa calquera por moito que lle guste a arte se non ten moito diñeiro non pode comprala.