Agradezo que iniciárades esta liña de reflexión, posto que non queremos que este foro sexa só un catálogo de que cousas son ou non arte.
Os vosos argumentos en xeral son ao meu parecer válidos.
Para afondar máis pensade no seguinte:
-
A arte vai moi estreitamente ligada aos rituais cos que as sociedades, desde as primitivas ás actuais, enfrontan as vicisitudes e cambios importantes da vida. Neste sentido se orixinan as pinturas rupestres, as danzas previas ao inicio dunha cacería ou contienda, a música que acompaña casorios e funerais, os engalanamentos corporais que indican a importancia de cerimonias, os monumentos funerarios desde os máis sinxelos ás pirámides que intentan gañar a batalla ao esquecemento do que morre....
-
O mercado da arte ten moito que ver co tipo de sociedade e modelo económico en que estamos inmersos. Algúns artistas revélanse contra iso realizando o que se vén chamando artes efímeras, é dicir, produtos artístcos de moi curta duración e polo tanto pouco susceptibles de acoplarse as leis do mercado. Moitas realizacións artísticas denostadas ou non consideradas nese mercado son mágníficas obras de arte a custo moi reducido.
Hai máis aspectos a considerar respecto a todo isto e seguro que entre tod@s irán agromando.
Que vos parece isto?
http://mesturas.blogspot.com/2010/03/mulleres-que-nutren-muros-ao-redor-do-8.html