Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

Re: A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
A arte é necesaria para a vida de calquer ser humano, aínda que unha persoa crea que non é así, que non está feito para o arte e non ten esa sensibilidade ou capacidade de entendelo, se equivoca.
O arte está en todos lados, e moitas veces non nos damos de conta, está nos libros, na música, na fotografía, nos carteis que vemos pola rúa, nun peinado, nunha prenda de roupa...
A arte é unha maneira de expresarse, unha distracción que deixa a un lado todo o demáis.

En conto a se creo que merece a pena gastar cantidades esaxeradas na arte... a arte merece a pena, pero non vexo necesario invertir cantidades noxentas de diñeiro para creala.
Isto é como considerar ou non arte algo que perxudica a outras persoas ou animais, está na moral de cada un, algúns considerarano arte e outros non, algúns creen que a arte non ten precio e o diñeiro non importa en esas cuestións, e outros pensarán que é unha tontería gastar o capital niso.

Eu persoalmente son das que pensa que o arte está por encima de moitas cousas, e que é necesaria, e aínda así vexo que non debería invertirse esas grandes cantidades de diñeiro, xa que facer arte non ten nin que custar nada.