Penso que este é un tema verdadeiramente delicado. Baixo o meu punto de vista, non existe ningunha dúbida da auténtica barbaridade que supón someter a un animal, neste caso a un can,a esa "tortura". Se ben é certo , tal e como sinalaba a profesora, este acto esta cargado de connotacións que si coinciden dentro da clasificación de arte que nos estamos a tratar este días. A acción levada acabo polo autor é unha crítica directa á hipocresía que existe na nosa sociedade, así como a falta de sensibilidad e o forte egoísmo. Por suposto penso que esta denuncia poderiase levar a cabo perfectamente sen a necesidade de maltratar asi a un animal.
Na nosa sociedad estamos cansos de ver imaxes na televisión de milleiros de persoas que cada día morren de fame ou que simplemente non poden dispoñer de agua potable para sobrevivir. Todo o mundo é coñecedor desa dura realidade, mais parece que só nos acordamos dela cando as veces nos periódicos sacan algunha fotografía ou nos medios de comunicación fan algunha referencia a esas situacións. Tal e como sinalou jaime sería unha autentica barbaridade mostrar a un neno de africa nunha exposición; seria inmoral, cruel e noxento, mais eso mesmo non está a suceder diariamente en milleiros e milleiros de paises? miles de rapeces non morren cada ano de fame,non son explotados, maltratados, humillados, etc.Eso é hipocresía.
Con todo isto quero dicir que a arte debe debe servir como un medio directo e claro para denunciar situacións verdadeiramente crueis que suceden no mundo. Coincido con vos cando sinalades que este home é un aunténtico insensible pero tamén é certo que ainda que os medios non son os adecuados, fainos reflexionar sobre unha realidade que existe.
Re: Guillermo Vargas "Habacuc", un asesino "artístico"
por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0