A miña primeira impresión ao ver a foto, foi a de reflexar os problemas da nosa terra; o cambio climático en xeral. Esa greta que fai que se desmorone o lugar onde vivimos e onde vivirán os nosos fillos, causada por nos e que seguimos agrandando.
E despois de ler o artigo, a verdade é que me levei unha sorpresa coa súa visión da obra. Non imaxinaba que podería querer expresar os problemas das persoas menos agraciadas social, politica e economicamente por medio dunha greta de 160 metros nun solo.