Resultoume imposíbel analizar a obra xa que lera o artigo con anterioridade mentres buscaba información sobre a arte para este traballo.
Valoro moito as palabras de Doris Salcedo, tan humildes e profundas. Marcoume sobre todo cando fala de ver o mundo dende o Tercer Mundo e gústame a idea que quixo reflexar na súa obra.
Pero agora chegan as críticas. Eu non considero arte a súa obra. Tamén hai que ter en conta que estou a xulgala por unha fotografía, seguramente na realidade sorprendan os 160 metros da fenda, pero aínda así non me transmite nada, non son quen de sacarlle o artístico.