Pablo, creo oportuno o comentario que che fixo a profesora Charo. Este non é o foro axeitado para comentar libros porque teríamos que lelos primeiro, pero se é unha obra coñecida por todos entón adiante, de todos modos á túa pregunta cabe a mesma resposta que fronte a outras producións humanas.
Todo debuxo é arte? Ou para dicilo en terminoloxía máis kantiana, calquera debuxo é unha obra de arte? Posiblemente a nosa resposta será que para que o poda considerarse como tal terá que cumprir certos requisitos que espero que vaian agromando nesta actividade. Pois o mesmo coas produccións literarias, as que cumpran eses requisitos o serán, outras serán comunicación escrita de tipo ensaístico sen pretensión estética, outras só entretenemento, outras, non consideradas como producións artísticas ata fai pouco, son agora valoradas como tales, por exemplo algúns cómics, dos que, por certo, tedes portadas na galería de imaxes.
Grazas por iniciar este tema.