Queremos darvos a benvida a este curso tan diferente no que teredes que tomar moitas decisións e reflexionar sobre a Arte, ese concepto tan evanescente e dificil de definir e precisar. Aparte de que aprenderedes algunha que outra cousa sobre arte, esperamos, veredes que a actividade incide sobre outros aspectos como
- Buscar e analizar a información
- Reconstruir, elaborar e difundir a información atopada
- Ser quen de comunicar e traballar colaborativamente.
Entendemos que son destrezas imprescindibles neste mundo tan complexo no que andamos metidos.
Seguro que o pasaremos ben.