Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Sería posible engadir literatura?

Re: Sería posible engadir literatura?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

A literatura, como creación artística a través da palabra, diferénciase de calquera escrito que teña outras finalidades. É o carácter estético da linguaxe o que a fai tan especial.

En conclusión, penso que a literatura é unha arte que utiliza como medio de expresión a linguaxe  e ten como finalidade producir emoción e reflexión, ao construír unha nova realidade, unha realidade estética a partir da xa existente.

Unha vez aclarado isto penso, aínda que é só unha opinión persoal, que non debemos convertir este foro nun debate sobre a calidade ou non calidade literaria (ou artística) de títulos concretos porque perderíase un pouco o eixo principal do mesmo. En resumo, se o que propós é que expresemos  a nosa opinión sobre se a literatura é ou non é arte, paréceme unha pregunta interesante e a miña opinión persoal é afirmativa e ata poderíamos, ou mellor poderías escoller algún título que consideres moi representativo como proposta. Outra cousa é empezar a propoñer títulos concretos de obras literarias concretas. Penso que non é , probablemente, a idea deste foro. De todos os xeitos quedo á espera das vosas opinións. Faremos o que vós decidades despois de escoitar todas as argumentacións.