Mirade a ver se así vale ou se hai que modificar algo máis. Ollade tamén os anexos por se queredes incluír algún máis ou suprimir os que aí están postos.
O documento que subiu Nieves podémolo usar como guía do alumnado cando teña que enfrontarse a un proceso de mediación. Creo que está moi ben como guía para facer prácticas de mediación.
Vós diredes.
Espero as vosas respostas.
P.D.: Mañá xoves 26 fago todo o proceso co alumnado seleccionado. Unha vez teña todas as probas de mediación subireinas nun pdf para que as poidades ver tod@s e, dese xeito, poidamos opinar con quenes nos quedamos para o equipo de mediación valorando entre a proba escrita e as observacións que vaian facendo na aula (que volas comentarán a cada un de vós).