Redacción do noso protocolo

BORRADOR DE PROTOCOLO

BORRADOR DE PROTOCOLO

por Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ -
Número de respostas: 4
Aquí vos deixo un posible borrador de protocolo de mediación para que vaiades pensando que engadir, que suprimir, ou para que digades que non vale para nada e facemos outro partindo de cero.
En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: BORRADOR DE PROTOCOLO

por Usuario eliminado -
Moitas grazas por facilitarnos tanto o traballo.
Así dá gusto !!
En resposta a Usuario eliminado

Re: BORRADOR DE PROTOCOLO

por Usuario eliminado -
Un par de propostas:
Nos principios de mediación: quitar "Atenuante ante posibles conflictos" e pór algo así como "compromiso e confianza na mediación"
Quen fai a mediación: comisión pouco clara (para min)
Coordinación e seguimento da mediación: reunións de demasiada xente e con moita frecuencia (en condicións normais...)

Atopei estes documentos de rexistro da mediación e penso que poderían servir para adaptalos nós. Envío o pdf
En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: BORRADOR DE PROTOCOLO

por Usuario eliminado -
Ola xefe, en líneas xerais paréceme bte axeitado.
Teño dúas observacións pa tocar as narices un pouco:

A primeira é con respecto a comisión que nomea aos mediadores, catro persoas parécenme excesivas. Eu deixaría en tres(máximo), xef@ de estudos, coordinad@r de convivencia e unha terceira persoa do equipo de convivencia que pode ir variando en función do coñecemento que teña do alumnado implicado no conflicto.

A segunda é da nota que engades ao final, eu sí que incluiría os items de
.- Cando remata a mediación
.-Como coordinar e facer un seguemento do servizo de mediación

Sí que me parecen que poden formar parte do que é un protocolo.

Os de como levar a mediación , como seleccionar medidadores e como avaliar sí que non os metería. Xa se escapan do que pode ser un protocolo aínda que sí se pode citar que a mediación levarase dacordo co establecido durante o curso de mediación

Polo demais por min está perfecto. Nótase que é copiado pero bueno....chiscadela
En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: BORRADOR DE PROTOCOLO

por Usuario eliminado -
Ola a todos/as.
Facendo os deberes tarde, pero, aquí estamos. Vexo o protocolo ben e acertado (gracias Andrés por todo o curre que te pegas). Un pequeno matiz que vai na liña do que di Aurelio. No apartado "Quén leva a cabo a mediación?", non acabo de ver o dos "dous membros de maior idade". Non sei se dous serán demasiado, quizáis sí, pero o que sí creo é que debe "rotar" o elixido para "elixir". Desde o meu punto de vista é mellor que non sexa sempre o mesmo alumno/a o que se vexa co xefe/a de estudos e coordinador/a de convivencia no proceso de "elección de mediadores". Que non sexa unha función estanco. 
Polo demáis, estupendo. chiscadela