Facendo os deberes tarde, pero, aquí estamos. Vexo o protocolo ben e acertado (gracias Andrés por todo o curre que te pegas). Un pequeno matiz que vai na liña do que di Aurelio. No apartado "Quén leva a cabo a mediación?", non acabo de ver o dos "dous membros de maior idade". Non sei se dous serán demasiado, quizáis sí, pero o que sí creo é que debe "rotar" o elixido para "elixir". Desde o meu punto de vista é mellor que non sexa sempre o mesmo alumno/a o que se vexa co xefe/a de estudos e coordinador/a de convivencia no proceso de "elección de mediadores". Que non sexa unha función estanco.
Polo demáis, estupendo. 
