Ola a todas e todos, espero que estedes a pasar unha boa mañá.
Escribo para informarvos que hoxe non estarei no instituto, polo que non teremos clase.
O martes repasaremos os supostos prácticos de nóminas que estudamos onte, resolverei as dúbidas que poidades ter sobre elas e explicarei a liquidación de vacacións e pagas extras (finiquito).
Que pasedes unha boa fin de semana.
Mercedes.