Cualificacións tarefa 2 (unidade 1)

Cualificacións tarefa 2 (unidade 1)

por Mercedes Vilar Álvarez -
Número de respostas: 0

Ola a todas e todos, espero que esteades tendo unha boa semana.

Xa tedes dispoñibles as cualificacións da última tarefa, pero gustaríame facer unha pequena aclaración. Observei que todos os grupos, nalgún momento da actividade, empregastes unha clasificación das barreiras da comunicación diferente á que traballamos nas sesións. Como comentei na clase, nas estratexias podedes ser creativas e creativos, pois hai infinitas posibilidades, pero no caso das barreiras era importante seguir a clasificación recollida nos apuntes (personal, semántica ou física).

Se consultades outras fontes distintas ao material que vos facilito, lembrade mencionarlas ou indicalo no traballo, xa que non sempre o que aparece en Google ou en ferramentas como ChatGPT está ben.

Que pasedes unha boa semana!