Relacións no equipo de traballo
Section outline
-
👋 Ola, son Mercedes, a vosa docente do módulo de Relacións no equipo de traballo.
💻 A plataforma Moodle será o noso punto de encontro virtual. Aquí poderedes acceder ós contidos, os cales están organizados por unidades.
📝As sesións terán un carácter práctico, traballando en grupo para realizar as tarefas, que suporán o 100% da nota da unidade.
✅ A asistencia ás clases é obrigatoria. Cando as faltas inxustificadas superen o 10 % do total das horas do módulo (7 sesións) perderase o dereito á avaliación continua.
🤔 Tedes toda a información na Guía do módulo desta sección. Para calquera dúbida podedes atoparme os martes de 20:30 a 21:20 h no departamento de Formación e orientación laboral (edificio A, corredor esquerdo) ou contactar comigo no seguinte enderezo de correo electrónico: vilaralvarez@edu.xunta.gal
✨ Comecemos!
-
Aquí atoparás as comunicacións e actualizacións importantes sobre o curso.
-
Aquí atoparás unha visión detallada de todos os aspectos relevantes do curso: Estrutura, metodoloxía e avaliación.
-
-
🎯 Presentación da unidade
A comunicación é a base de calquera organización: Permítenos coordinar tarefas, traballar en equipo, resolver conflitos e transmitir ideas de maneira efectiva. Nesta unidade exploraremos como nos comunicamos na contorna laboral, que barreiras poden aparecer e que ferramentas nos axudan a mellorar as nosas interaccións diarias.
✨ Breve descrición
-
Importancia da comunicación na empresa.
-
Tipos de comunicación: verbal, non verbal e escrita.
-
Canais e fluxos de comunicación na organización.
-
Barreiras e dificultades máis comúns.
-
Claves para unha comunicación clara, efectiva e respectuosa.
✅ Criterios de avaliación
Un criterio de avaliación describe canto aprendiches sobre o apartado dunha determinada unidade. A cada un destes aspectos dáselle unha importancia distinta (algúns contan máis ca outros):
-
Actividade 1:
-
Identificáronse o tipo de proceso comunicativo utilizado nunha mensaxe e as distintas estratexias utilizadas para conseguir unha boa comunicación (30% da nota da unidade).
-
Clasificouse e caracterizáronse as distintas etapas dun proceso comunicativo e os elementos que interveñen no mesmo (35% da nota da unidade).
-
-
Actividade 2: Distinguiuse unha boa comunicación que conteña unha mensaxe nítida doutra con camiños diverxentes que desfiguren ou enturben o obxectivo principal da transmisión (35% da nota da unidade).
-
Abertas: luns, 29 de setembro de 2025, 12:00 AMPendente: luns, 13 de outubro de 2025, 6:00 PM
O obxectivo desta tarefa é que o alumnado adquira unha comprensión profunda dos elementos e tipos de comunicación que se producen habitualmente nun entorno sanitario, mellore a súa capacidade de traballo en equipo e desenvolva habilidades de comunicación non verbal. A actividade desenvolverase en grupos. Para acceder ás instruccións fai click en "engadir entrega".
-
Actividade 2: As barreiras e as redes de comunicación. TarefaAbertas: luns, 27 de outubro de 2025, 8:30 PM
-
-
🎯 Presentación da unidade
Nesta unidade estudiaremos a comunicación escrita, isto é, aquela que no momento de iniciarse, a persoa emisora e a receptora non teñen necesariamente que coincidir no espacio e no tempo.
✨ Breve descrición
- Requisitos da comunicación escrita.
- Etapas de elaboración dun documento escrito.
- Tipos de documentos que máis se empregan nunha empresa.
-
Abertas: luns, 1 de decembro de 2025, 8:30 PMPendente: luns, 15 de decembro de 2025, 10:00 PM
-
Nesta unidade veremos que é a comunicación oral, que se debe ter en conta ao elaborar unha mensaxe oral, as diferentes técnicas de comunicación oral, facendo fincapé la entrevista de traballo, as reunións, o diálogo, o debate, a conferencia e a atención telefónica, e por último falaremos da escoita activa.-
Abertas: luns, 26 de xaneiro de 2026, 8:30 PMPendente: luns, 9 de febreiro de 2026, 10:00 PM
-
Nesta unidade estudaremos o conflicto laboral, como xurde, as etapas e o desenvolvemento, como manexar os conflictos no noso entorno de traballo, a negociación, os tipos de negociación e as fases polas que atravesa un bo proceso de negociación.-
Abertas: luns, 9 de febreiro de 2026, 12:00 AMPendente: xoves, 12 de febreiro de 2026, 11:58 PM
-
Nesta unidade estudamos as relacións humanas na empresa, os equipos de traballo, as súas características, evalución, funcións e os diferentes tipos de equipos de traballo. Tamén se ven as condicións para que un equipo de traballo funciones, igual que as metodoloxías utilizadas no traballo en equipo. Por último vemos os distintos roles que poden asumir as personas no traballo en equipo.