Apertura de foro

Apertura de foro

por Mercedes Vilar Álvarez -
Número de respostas: 0

Ola a todas e todos!
Agardo que esteades a ter un bo inicio de semana.

Acabo de abrir, dentro da unidade 1, un foro para compartir dúbidas sobre a actividade 2. Se o precisades, só tedes que crear un novo tema de debate, e así poderemos comentar, axudarnos e poñer en común o que vaiamos precisando ao longo desta semana.

Lembrade que o último día para entregar a actividade é o luns 3, antes das 20:30 h. Non se recollerán traballos fóra deste prazo, así que animádevos a ir avanzando con tempo.

Deséxovos unha moi boa semana e un estupendo inicio de ponte.

Unha aperta,
Mercedes