Bonam noctem, cari discípuli mei:
Xa teño o voso exame. Dígovos as preguntas, todas de Laura Lamata salvo a derradeira. Haberá vocabulario para a preguntas de tradución (as frases):
1 pregunta sobre as linguas derivadas do latín, linguas romances (1 pto.)
1 identificación de declinacions: listaxe de substantivos enunciados, co nominativo e xenitivo singular. Polo xenitivo singular hai que deducir a declinación e a raíz. (1 pto.)
1 exercicio para declinar 2 sintagmas nominais (substantivo+adxectivo) (2 ptos.)
1 exercicio de análise morfosintáctica e tradución dunha frase de latín ao castelán ou galego (2ptos.)
1 exercicio de 2 frases breves de castelán ao latín (2ptos.)
Comprensión lectora, dun texto de Ecce Romani con 6 preguntas (3 ptos.)
Calquera dúbida ou erro dicídemo.
Salutem plurimam