Saída cultural a Tui

Saída cultural a Tui

por Raquel Simón Camarero -
Número de respostas: 0

Mañá entregareivos as autorizacións 

CENTRO IES RICARDO MELLA  

   SAÍDA ARTÍSTICA / CULTURAL AUTORIZADA

Grupos participantes: 4°ESO, 1° e 2º de Bacharelato-Humanidades

Departamentos organizadores: Historia, Música e Latín

Data: 24 de febreiro de 2026

Grupos participantes: 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato – Humanidades

Hora de saída: 10:00 (aprox.*)

Hora de chegada: 19:00 (aprox.*)

Custo da actividade: 15€ (traxedia + comedia) e transporte

Descrición da actividade:

Os departamentos arriba mencionados organizan unha saída educativa para asistir ás representacións do Festival Grecolatino e realizar unha visita cultural á cidade de Tui. Esta actividade forma parte da programación didáctica e está autorizada pola dirección do centro.

• Visita a Tui, a chegada e despois de comer (antes do teatro): Catedral, museo catedralicio, convento das Clarisas, rúa Entre Fornos, capela de San Telmo, plaza da Estrela, capela da Misericordia, paseo fluvial, monasterio de Santo Domingo e o barrio Xudeu

• 12:00 Helena, de Eurípides, polo grupo Noite Bohemia: A raíña Helena, secuestrada por París, nunca chegou a Troia; a verdadeira vive en Exipto, mentres Grecia loita por unha ilusión. Eurípides cuestiona a guerra e a identidade cun xiro sorprendente.

• 17:00 Cásina, de Plauto, polo grupo Noite Bohemia: Nunha casa romana, dous homes compiten por casar cunha escrava chamada Cásina, desatando enredos cómicos, disfraces e confusións. Plauto retrata con humor os desexos e trampas da vida doméstica.