DATAS

DATAS

por SANTI MESEGUER -
Número de respostas: 2

 

Non vos preocupes polas datas.. O curso remata o día 30 de Outubro. As tarefas tampouco tes obrigatoriedade de entregalas cando están marcadas. As datas serven de guía para que as vaiades facendo, e non darse a enchenta o día anterior ao cabo do curso.  Xa sei e son consciente que estes días están sendo difíciles tanto para vós coma para min, pois todos temos alumnos, reunións, programcións que facer e refacer  e familia.  

E aínda que o curso remate, calquera cousa ou dúbida que vos poda resolver xa sabedes onde me tendes.

Un saúdo

En resposta a SANTI MESEGUER

COMO MATRICULAR O ALUMNADO NO CURSO

por Manuel Alonso Sousa -

Bó día, Santi: teño creado cursos na miña Aula Virtual, que non sei se estarán de todo correctos, así que se lle queres botar un vistazo, agradecido; pero estou buscando como MATRICULAR O ALUMNADO DENDE O XADE, porque non atopo lapelas que me indiquen algo. Así que se me podes mandar indicativos e de paso comentarme como levo o traballo, pois estarei un pouco máis satisfeito. Pasa boa fin de semana. Un saúdo. Manuel Alonso.

En resposta a Manuel Alonso Sousa

Re: COMO MATRICULAR O ALUMNADO NO CURSO

por Admin Centro -

Boa tarde Manuel,

Dende Moodle non se pode acceder directamente ao Xade para matricular o noso alumnado. Para matricular ao alumnado, ten que estar dado de alta na plataforma do Moodle previamente. Logo cada profesor vai a usuario, premes no despregable, logo premes en usuarios matriculados e abrese unha paxina nova onde vas atopar un botón na parte superior dereita que pon "Matricular usuarios". Premes enriba e buscas ao usuarios. Na sección a) da tarefa 1.2 do curso hai un video que che pode aclarar moitas cousas ahora de matricular aos teus alumnos. Espero haber resolto a túa dúbida.

 

 

(Editado por SANTI MESEGUER - envío orixinal Xoves, 15 de Outubro de 2020, 15:41)