Ola e benvid@s á segunda e derradeira semana do curso (que remata o vindeiro luns).
Está aberto tema de actividades avanzadas (obviamente para quen sa fixera as actividades básicas) con un videotitorial de probas (o nome xenérico para facer tests, preguntas, cuestionarios...todo o que non sexa unha tarefa, que é onde entregan ficheiros os rapaces).
Deberíades facer unha proba de proba no voso curso, e engadir distintos tipos de preguntas.
EU NON VOU EXPLICAR TODAS AS POSIBILIDADES da aula virtual nin das probas, por que son moitísimas e non daríamos rematado o curso. De feito moitas delas non as usei nunca, pero podo probalas se facedes algunha pregunta ao respecto.
A partir de mañana Martes podemos facer videocharla co sistema proposto pola Consellería, para que practiquedes se o necesitades. O horario estará na aula virtual.