Foro de novas: aquí so escribe o profesor

Tema novo aberto: mensaxes, foro, notificacións...

Tema novo aberto: mensaxes, foro, notificacións...

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Antes de nada pedir perdón por envíar traballo na fin de semana, non é boa idea, e con estas ferramentas dixitais temos toda a sociedade un debate pendente de establecer protocolos laborais axeitados. Non pode ser que os traballadores e traballadoras (e falo tanto do profesorado coma do alumnado e as súas familias, no noso caso) estemos 24 horas ao día disponibles para traballar, iso é unha perda de dereitos básicos propiciado pola mal uso da Tecnoloxía.

Perdoade o speech, pero eu son tamén profe de TIC, falo deste temas en clase, e penso que temos moito do que falar, criticar e aprender na sociedade respecto do uso destas TIC. Se alguñen quere contestar ou levarme a contraria pode usar o foro de dúbidas ;-)

Vale, o caso é que tedes publicados un par de videotitoriais no que vos mostro como configurar a mensaxería da aula virtual (por exemplo, este mail que chega dende o foro de novas) e os foros. Nese tema se indican 2 tarefas, que varios xa tedes realizadas:

- enviar unha mensaxe dende o voso curso de proba

- crear un foro de suscrición voluntaria. Obviamente isto implica crear unh tema/mensaxe novo no foro.

Apertas e boa fin de semana.