(06/11/2025) Segunda sesión: traballo grupal
Observacións: Sesión de traballo grupal
Orden do día: 1. Adecuación do espazo para a colocación da radio. 2. Elaboración do proxecto para a creación dun concurso para o alumndo do centro para pórlle nome á radio
Temas tratados: Adecuouse o espazo cunha posta en común sobre as posibilidades do mesmo. Elaboración das bases do concurso para pórlle nome á radio do centro aberto a todo o alumnado de todos os niveis. Elaboración e colocación de cartelería e de formulario de Google para que o alumnado realice as súas achegas.
Acordos e compromisos: Acórdanse as bases do concurso no relativo a datas de participación e a información relevante que debe aparecer no formulario de participación. Acórdase facer difusión dende a páxina web e por medio das persoas titoras de todos os niveis.
Propostas para a próxima xuntanza: A próxima xuntanza será a primeira sesión de traballo individual, onde cada un dos participantes revisará a documentación aportada polo relator previa á docencia