Section outline
-
-
Clicando na imaxe da radio podes acceder ao manual de uso da mesma.
No cartafol que podes descargar clicando no título da entrada, podes atopar documentos que serán de utilidade para a creación dos podcast na Radio Escolar. Tamén tes esta presentación que pode servir de axuda
RADIO ESCOLAR de Oscarprego
-
Observacións: Sesión grupal de toma de decisións
Orden do día: 1. Decisións con respecto ao espazo físico no que se instalará o equipamento. 2. Decisións con respecto ao calendario de docencia. 3. Valoración do tipo de actividades que se van realizar co alumnado e dos tempos para facelo 4. Elaboración de autorizacións para a difusión do material elaborado
Temas tratados: Valóranse varios espazos do centro para que a radio permaneza de forma contínua no mesmo espazo, desbotándose en todo momento que sexa móbil. Coméntase que é preciso dotar o espazo dun ordenador e dunha impresora específicos para a radio. Propóñense varias ideas de actividades para levar a cabo co alumnado e a necesidade de ter autorización para a difusión dos materiais elaborados.
Acordos e compromisos: 1. Instalarase de forma fixa na aula de PT 1 e dotaráse de ordenador e impresora 2. A primeira formación será o 20 de novembro pola tarde 3. Acórdase facer actividades primeiro co alumnado do profesorado que está a facer a formación. As actividades ampliaránse ao resto do alumnado do centro na Semana Cultural. 4. Elaborase a autorización para a difusión do material creado na reunión
Propostas para a próxima xuntanza: A próxima xuntanza será destinada ao acondicionamento do espazo e elaborar un proxecto de concurso para porlle nome á radio -
Observacións: Sesión de traballo grupal
Orden do día: 1. Adecuación do espazo para a colocación da radio. 2. Elaboración do proxecto para a creación dun concurso para o alumndo do centro para pórlle nome á radio
Temas tratados: Adecuouse o espazo cunha posta en común sobre as posibilidades do mesmo. Elaboración das bases do concurso para pórlle nome á radio do centro aberto a todo o alumnado de todos os niveis. Elaboración e colocación de cartelería e de formulario de Google para que o alumnado realice as súas achegas.
Acordos e compromisos: Acórdanse as bases do concurso no relativo a datas de participación e a información relevante que debe aparecer no formulario de participación. Acórdase facer difusión dende a páxina web e por medio das persoas titoras de todos os niveis.
Propostas para a próxima xuntanza: A próxima xuntanza será a primeira sesión de traballo individual, onde cada un dos participantes revisará a documentación aportada polo relator previa á docencia -
Observacións: Sesión de traballo individual
Orden do día: Revisión do material aportado polo relator previo á formación. Cumprimentación dun cuestionario sobre o que se espera da formación. Proposta xeral de actividades para estudar co relator a súa viabilidade.
Temas tratados:
Acordos e compromisos: Facer proposta de actividades para estudar a súa viabilidade co alumnado
Propostas para a próxima xuntanza: A próxima xuntanza será a primeira sesión de docencia -
Observacións: Radio escolar. Primeira sesión
Orden do día: Equipamento e instalacion da radio. Etiquetado de materiais para a asignación de cores para facilitar o emprego da radio. Configuración da radio.
Temas tratados: Revisión de todo o equipamento, funcionalidades e instalación da radio. Beneficios xerais da radio escolar. Cuestións técnicas de proposta de actividades e de tarefas na radio escolar para o aproveitamento do traballo en grupo e para a motivación e inclusión do alumnado. Viabilidade de actividades propostas.
Acordos e compromisos: Propor unha actividade para realizar entre todos que sexa viable.
Propostas para a próxima xuntanza: Propor unha actividade para realizar entre todos que sexa viable. -
Observacións: Sesión de traballo individual
Orden do día: Elaboración de proposta de actividade, ben individual, ben grupal. Elaboración da documentación relativa á actividade proposta.
Temas tratados: Tormenta de ideas sobre as posibilidades da radio.
Acordos e compromisos: Propor unha actividade e colgar na aula virtual de Polos Creativos do centro toda a organización da mesma.
Propostas para a próxima xuntanza: Resolver as posibles dúbida xurdidas co relator -
Observacións: Radio escolar. Segunda sesión
Orden do día: Recursos e fontes gratuitos para a radio. Gravación e edición de materiais.
Temas tratados: Recursos libres para o emprego da radio escolar. Exemplos de podcast en galego, rede de escolas pola radio, mapa sonoro de Galica, ... Primeira probas de gravación e de edición de materiais.
Acordos e compromisos: Cubrir unha enquisa para a elección do nome da radio escolar, logo comunícase aos titores que fagan votación na aula para escoller o nome definitivo por parte do alumnado.
Propostas para a próxima xuntanza: Crear un Club de radio para o centro -
Observacións: Sesión de traballo grupal
Orden do día: Gravación e edición de materiais
Temas tratados: Gravación e edición de materiais elaborados polo profesorado participante. Corrección de erros tanto na gravación coma na edición.
Acordos e compromisos: Crear un Club de radio con alumnado voluntario de diferentes niveis que poderán reunirse nos recreos na aula da radio
Propostas para a próxima xuntanza: Verificar o funcionamento do Clube de radio. Comprobar se hai máis profesorado interesado na participación. -
Observacións: Sesión de traballo individual
Orden do día: Editar e subir materiais á conta creada para o almacenamento de podcast.
Temas tratados: Edición e subida de materiais á plataforma de almacenamento.
Acordos e compromisos: Presentar o Clube de radio nunha actividade específica para visibilizar a radio escolar ao conxunto do centro educativo
Propostas para a próxima xuntanza: Facer un programa de radio no Clube para poder emitilo con motivo das actividades de Nadal. -



