(05/11/2025) Primeira sesión: traballo grupal
Observacións: Sesión grupal de toma de decisións
Orden do día: 1. Decisións con respecto ao espazo físico no que se instalará o equipamento. 2. Decisións con respecto ao calendario de docencia. 3. Valoración do tipo de actividades que se van realizar co alumnado e dos tempos para facelo 4. Elaboración de autorizacións para a difusión do material elaborado
Temas tratados: Valóranse varios espazos do centro para que a radio permaneza de forma contínua no mesmo espazo, desbotándose en todo momento que sexa móbil. Coméntase que é preciso dotar o espazo dun ordenador e dunha impresora específicos para a radio. Propóñense varias ideas de actividades para levar a cabo co alumnado e a necesidade de ter autorización para a difusión dos materiais elaborados.
Acordos e compromisos: 1. Instalarase de forma fixa na aula de PT 1 e dotaráse de ordenador e impresora 2. A primeira formación será o 20 de novembro pola tarde 3. Acórdase facer actividades primeiro co alumnado do profesorado que está a facer a formación. As actividades ampliaránse ao resto do alumnado do centro na Semana Cultural. 4. Elaborase a autorización para a difusión do material creado na reunión
Propostas para a próxima xuntanza: A próxima xuntanza será destinada ao acondicionamento do espazo e elaborar un proxecto de concurso para porlle nome á radio