Section outline
-

-
Na creación de materiais, por favor, tentade empregar o logo.
-
-
Adxúntase a autorización que deberá ser firmada polo profesorado para o tratamento de imaxes tomadas por parte do centro dentro das actividades levadas a cabo dende os Polos Creativos.
-
Adxúntase a autorización que deberá ser firmada polo alumnado e as súas familias para o tratamento de imaxes tomadas por parte do centro dentro das actividades levadas a cabo dende os Polos Creativos.
-
-
-
Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional creouse unha Aula Virtual de apoio ao programa Polos creativos que contén información sobre os Kits singulares que se recibiron nos centros ao longo do curso pasado. Son kits evolutivos que conteñen actividades de varios niveis: básico, medio e avanzado, con propostas didácticas e todo o material complementario preciso. Podedes acceder a toda a información aquí: -
No cartafol adxunto tedes tódolos materiais facilitados nos Kits que chegaron o 8 de xaneiro. No almacén dos Polos Creativos quedarán os orixinais, e todo aquelo que queirades imprimir deberíades facelo dende estes arquivos.
-
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un centro de investigación que coordina e fomenta a investigación científica e técnica no campo da Física de Alta Enerxía, Física de Partículas e Nuclear e áreas relacionadas como Astrofísica, Física Médica, Instrumentación, etc.
-
-
-
-
Usuario: polos.creativos.numero1
Contrasinal: Ribeiran1
Unha vez dentro, escolledes o curso Silhouette Cameo 5 (o último) onde atoparedes o manual de usuario e un foro.
-
-
Confírmovos as DATAS de DOCENCIA / cortadora láser no IES nº1 de Ribeira:
-XOVES 7 de NOVEMBRO, DE 16h A 19h
-XOVES 21 de NOVEMBRO, DE 16h A 19h -
Calquera achega a esta proposta será ben recibida. Os espazos poden variar, posto que imos precisar ordenadores para a edición de fotos. Poderíase empregar o taller de tecnoloxía ou unha das aulas de capacitación. (Modificada esta entrada o 23/10 debido a un erro de datas)

-
-
-
Na Aula Virtual do CAFI teñen material de préstamo de Polos creativos. Na seguinte ligazón podedes acceder á información:
-
-
(28/10/2024) Primeira sesión de traballo grupal: Información do PFPP e elaboración de documentación (2 horas)
Nesta primeira sesión de traballo grupal informaráse de todo o relativo aos Polos Creativos para o curso 2024/2025. En qué consistirá a formación e a qué se adicará a sesión de traballo grupal seguinte. Falaremos ademais da compra de materiais que se consideran oportunos para a cortadora láser.
-
-
Volvo a engadir aquí a documentación que nos deron no curso de formación para persoas coordinadoras de Polos Creativos o curso pasado.
No documento denominado "Presentación", na diapositiva 15, tedes exemplos de recursos que se poden elaborar coa cortadora láser. Poden ser un bo punto de partida para pensar na actividades que ides propor.
-
Modelo de plantilla para a proposta de actividades en formato editable. Este documento cuberto e en formato pdf deberedes engadilo coma arquivo despois deste texto
-
-
-
Podedes engadir todo o que queirades, pero por favor:
- Se existe unha carpeta relacionada co tema metede as imaxes dentro dela
- Se non existe carperta relacionada co tema, creádea para que ao entrar no repositorio só se vexan carpetas.
-
Para manter a escala, o estelite e cuadrante están para cortar no mesmo arquivo (exportable a SVG)
Por defecto 1 unidade=1mm
Grosor da peza de ensamblaxe ou latitude do lugar axustables
Descarga o arquivo, ábreo en geogebra e, cando teñas axustado latitude e grosor da chapa, expórtao a SVG.
-
Descargar arquivo, abrilo en geogebra e exportalo a SVG
-
Titorial en PDF e en vídeo de como deseñar as bolas de nadal empregando INKSCAPE e GIMP.
Vídeo:
-
-
-
Engado ligazóns de páxinas das que sacar arquivos en formato svg por se poden ser do voso interese. Algunhas precisan rexistro e outras non.
-
-
Inda falta documentación dalgunha sesión. A medida que vaian actualizando no curso do CAFI irei actualizando aquí tamén.
-
-
-
Dentro da formación que as persoas coordinadoras dos Polos Creativos estamos a recibir, esta sesión de formación pareceume a que máis exemplos prácticos propón para levar a cabo acividades dentro da aula. Nesta sesión de traballo individual, visualizaremos este vídeo e despois poñeremos en común as nosas impresións, ideas, ....
-
-
-
Nesta sesión de traballo elaboraremos unha actividade para poder levala á aula co alumnado. Tedes á vosa disposición unha tarefa para entregar un documento en pdf onde se expliquen os obxectivos e o desenvolvemento da actividade, sempre enmarcada dentro do programa de Polos Creativos.
Unha vez sexan entregadas as tarefas faránse visibles para todo o o profesorado, para a súa posterior posta en común.
-
Recordade entregala en pdf, por favor
-
-
-
Esta documentación explicouse na xornada técnica desenvolvida no CAFI o día 2 de marzo. Básicamente consiste na posta en marcha das máquinas, instrucións de uso e ligazóns de referencia para obter material para empregar cas mesmas.
Tedes que entender esta información como algo a longo prazo, e non é necesario que todos saibamos empregar todas as máquinas. Deberíamos elexir unha cada un de nós, para sacarlle un maior rendimento posible, e ademáis servir de referencia para explicarlle a outros compañeiros.
-
Xa vos podo adiantar que para esta sesión contaremos co material audiovisual preciso, cedido polo CAFI.




