Glosario Bloque I
Glosario Bloque I
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
B |
|---|
Bárbaros
Termo co que os romanos se referían aos pobos que vivían fóra das fronteiras (limes) do seu Imperio. A crise do século III favoreceu a penetración de pobos do norte e do leste de Europa no mundo romano. No ano 476, o último emperador Rómulo Augústulo é deposto polo bárbaro Odoacro, desaparecendo así formalmente o Imperio Romano de Occidente.
| |
C |
|---|
CastroPoboado fortificado prerromano no que se asentaron poboacións indíxenas na Meseta norte e no noroeste peninsular, dá nome á cultura castrexa. Abondan os seus restos en Galicia, Asturias e norte de Portugal, caracterizados pola súa planta redondeada e un urbanismo irregular no que as construcións, especialmente as vivendas, teñen tamén formas redondeadas. Os castros polo xeral ocupan lugares estratéxicos (cumios de outeiros, ladeiras de montañas, penínsulas...) Os máis antigos datan da Idade do Bronce, alcanzando o máximo desenvolvemento na Idade do Ferro, perdurando algúns até a Idade Media. | |
ConventusNo imperio romano inicialmente eran asembleas conxuntas de romanos e indíxenas que evolucionaron ata converterse en unidades administrativas (recadación de impostos, recrutamento de tropas) e xurídicas (regularización de preitos, realización de contratos) dentro das provincias romanas. Unha cidade actuaba como capital do conventus e lle dá nome, pero o seu territorio non estaba definido xuridicamente, polo que os seus límites eran imprecisos. A actual Galicia correspóndese, basicamente, co conventus lucensis. | |
E |
|---|
Economía predadoraTipo de actividade humana na que se obteñen e consumen os recursos da natureza sen xerar produción. É característica das sociedades paleolíticas ou pre-agrícolas nómades ou seminómades nas que a recolección de froitos silvestres, a caza, a pesca e o marisqueo permiten ao grupo obter os alimentos e os recursos para o vestido e a construción das vivendas. | |
G |
|---|
Guerras cántabrasEnfrontamentos que tiveron lugar do 29 a. C. ao 19 a. C. entre o Estado romano e os pobos ástures e cántabros que habitaban na franxa cantábrica, no norte da península ibérica. Representan a culminación da longa conquista romana (2 séculos) da península ibérica e foron dirixidas polo emperador Augusto.
| |
M |
|---|
MegalitismoLiteralmente significa “grandes pedras” (do grego “mega” –grande- e “litos” –pedra-), fai alusión ás construcións arquitectónicas formadas por grandes pedras chamados megálitos. Os tipos básicos son: menhir ou pedrafita (monólito fincado no chan verticalmente), crómlech (menhires formando un círculo) e dolmen ou anta (sepulcros formados por unha cámara que pode estar precedida dun corredor). Corresponden a unha ampla cronoloxía que vai desde finais do Neolítico até a Idade do Bronce.
| |


