Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

D

Decretos de Nova Planta:

Conxunto de disposicións promulgadas entre 1707 e 1716  por Filipe V quen, en virtude do dereito de conquista e como castigo á súa rebelión (o apoio as pretensións do arquiduque Carlos de Austria), impuña aos reinos da  Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña, Mallorca) a  supresión das institucións (Cortes, Deputacións, órganos municipais, etc.) e do dereito foral particulares. Así,  estes antigos reinos convertéronse en provincias da monarquía, asimilándose xurídica e institucionalmente á Coroa de Castela. Polo tanto, os Decretos de Nova Planta constituíron un instrumento importante no proceso de uniformización e centralización político-administrativa da monarquía e na consolidación do absolutismo rexio.. Non obstante, o reino de Navarra e as provincias vascas, que  apoiaran a causa borbónica durante a Guerra de  Sucesión, conseguiron manter as súas institucións e privilexios forais.


Despotismo Ilustrado

Estilo de goberno característico de moitos monarcas  absolutos europeos durante a segunda metade do século XVIII. Consistía no impulso dende o poder real dunha  serie de reformas, inspiradas nas ideas ilustradas e tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o benestar da poboación e o mantemento da orde social.  Estas intencións resúmense tradicionalmente no lema ​“todo  para o pobo, pero sen o pobo”​. Carlos III (1759-1788) foi o seu  representante máis caracterizado entre os Borbóns españois.