Erasmus+

Erasmus+ é un programa da Unión Europea que promove a mobilidade e a cooperación educativa, ofrecendo ao alumnado de Formación Profesional a posibilidade de realizar prácticas formativas en empresas doutros países europeos.

Neste apartado recóllese a información relacionada coa participación do centro no programa Erasmus+, así como as mobilidades, experiencias e actuacións desenvolvidas no marco deste programa.


O noso instituto dispón da Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE), que habilita a participación en proxectos europeos do programa Erasmus+ durante o período 2021-2027.

Podes descargar o documento oficial na seguinte ligazón: Carta Erasmus .

O IES Muralla Romana participa en varios proxectos Erasmus+ durante o curso 2025-2026, dirixidos ao alumnado e ao profesorado de Formación Profesional.

Estas mobilidades europeas ofrecen unha oportunidade de formación e crecemento persoal, permitindo adquirir novas competencias profesionais, lingüísticas e culturais en contornos internacionais.

Un grupo de alumnado e profesorado procedente de Francia, participante en programas Erasmus en colaboración co IES Muralla Romana, realizou unha visita institucional ao Concello de Lugo xunto con alumnado do propio centro.

Durante a súa estancia na cidade, o grupo desenvolveu distintas actividades formativas e culturais, entre as que se inclúe esta visita ás dependencias municipais, onde puideron coñecer aspectos relacionados coa historia do Concello e os restos romanos conservados no edificio.