Un grupo de alumnado e profesorado procedente de Francia, participante en programas Erasmus en colaboración co IES Muralla Romana, realizou unha visita institucional ao Concello de Lugo xunto con alumnado do propio centro.
Durante a súa estancia na cidade, o grupo desenvolveu distintas actividades formativas e culturais, entre as que se inclúe esta visita ás dependencias municipais, onde puideron coñecer aspectos relacionados coa historia do Concello e os restos romanos conservados no edificio.
Este tipo de iniciativas favorecen o intercambio de experiencias e contribúen á internacionalización do centro, reforzando a dimensión europea da educación.
Máis información:



